24/06/09

Dicionario electrónico ESTRAVIZ


Temos un novo recurso electrónico de interese o Dicionário Electrónico Estraviz. Xa podes consultalo neste enderezo:

http://www.estraviz.org/

SON DE MEIGA

SON DE MEIGA é o macrofestival de música rock que se celebrará en xullo no Barco de Valdeorras. Macaco, Rosendo, Sepultura, Tequila, Reicidentes, Mägo de Oz, Siniestro Total... toda a información nesta web:

http://www.sondemeiga.com/index.php?filLin=ga

Que sería de nós sen rock...

15/06/09

Fracaso escolar

Na bitácora da biblioteca do CEIP Milladoiro de Malpica atopamos estes datos sobre resultados obxectivos de valoracións de coñecementos nos estudantes españois.

Este mapa está tirado do número 119 da publicación, Papeles de Economía Española, dedicado integramente á análise da educación en España. Esta revista de periodicidade trimestral editada desde 1979 está considerada a publicación económica con contido científico de maior difusións en España.

Son interesantes as porcentaxes individuais por comunidades pero tamén é interesante realizar unha lectura comparativa entre os resultados das comunidades monolingües e os resultados das comunidades con dúas linguas oficiais, como é o noso caso.

19/05/09

LIBROS, LIBROS, LIBROS

Queres ler un libro divertido que reflexiona sobre a situación lingüística de Galicia? Proba con Made in Galiza de Séchu Sende.

16/05/09

THE BEST METOD TO LEARN GALICIAN

Séchu Sende ofrece no seu libro Made in Galiza varios consellos para lanzarse a falar galego sen vergoña. Practica!

15/05/09

RAMÓN PIÑEIRO

Unha breve semblanza de Ramón Piñeiro, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas deste ano.

LETRAS GALEGAS 09: RAMÓN PIÑEIRO

Ramón Piñeiro López (Armea de Abaixo, Lama, Láncara, 1915 - Santiago de Compostela 1990) foi un filósofo, ensaísta e político galego. Está considerado un dos principais artífices da reconstrución cultural galega da posguerra. Xunto con outros galeguistas fundou en 1950 a Editorial Galaxia.
En 1983 foi escollido primeiro presidente do Consello da Cultura Galega.
Este ano é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.





Caricatura: Siro (2009), Fonte: Galipedia.

10/05/09

PORQUE ME DÁ A GANA: Dios k te crew

DEITADO FRENTE Ó MAR…
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gosta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo prós que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño…
CELSO EMILIO FERREIRO



05/05/09

MÚSICA; MÚSICA; MÚSICA

The Homens é un grupo galego de powerpop que canta en galego e considera fundamental a libre circulación da cultura.

No ano 2007, sacan á luz o seu primeiro traballo longo Tres, sen dúbida o disco máis ambicioso da banda, gravado nos estudos Ultramarinos Costa Brava, e coa asistencia na produción de Santi García. O disco será editado por Falcatruada baixo dúas formas: unha edición en CD e outra limitada que inclúe un vinilo

O vídeo que vos mostramos foi realizado por Isaac Cordal e Roi Fernández

VISITA A SÚA PÁXINA WEB: http://www.thehomens.com/

03/05/09

QUE TE FAI FELIZ?

Pensaches algunha vez que é o que che fai feliz? Mira este anuncio publicitario e pensa uns segundos no que che fai sorrir

21/04/09

O SABOR DAS CEREIXAS

Xa é primavera e con ela chega o amor e tamén... AS CEREIXAS. Saudables e divertidas de comer, as cereixas son orixinarias de Asia Menor. En Valdeorras chamámoslle cereixón á árbore que as dá, mais en galego recibe tamén outros nomes como: cerdeira, cereixeira, cereixeiro ou cereixo. A súa familia son as rosáceas, concretamente pertencen ao xénero prunnus, o que las emparenta co albaricoque, a ameixa ou o pexegueiro. O nome de cereixa venlle do latín vulgar ceresia, por cerasia, que é o plural de cerasium. Aquí vai este contiño que ten as cereixas como protagonistas:


16/04/09

MÚSICA, MÚSICA MÚSICA

Queres coñecer grupos galegos de diferentes estilos?
Entra nesta web e navega:
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/component/option,com_frontpage/Itemid,1/

Ruxe-Ruxe é un deses grupos. A ver se che gusta este grupo compostelano

13/04/09

Dicionario en liña


Na rede tes moitos recursos en liña que che poden ser moi útiles. Recomendámosche o Dicionario Galego de Ir Indo

http://www.digalego.com/

25/03/09

Entroido Lauro Olmo 2009


*Se alguén considerase non respectados os seus dereitos de imaxe por aparecer nesta presentación que se poña en contacto connosco a través do enderezo de contacto e a súa imaxe será retirada.

ENTROIDO

Despois dunha fase de probas máis longa do pretendido, lanzámonos á rede e facémolo con algo divertido, algunhas das fotos do entroido no noso instituto.
Pretendemos que este sexa un blog aberto a toda a comunidade educativa e no que participe quen queira cun único fío condutor, a normalización da nosa lingua.
Música, cómics, cine, noticias, fotografías, vídeos... todos os contidos que queiras e desde o teu propio instituto. Anímate a participar.

Por certo, se tes calquera imaxe que queiras amosar ponte en contacto con nós ou envíanola ao enderezo electrónico que tes na columna da dereita.

08/03/09

8 de MARZO
Hoxe celebramos o día 8 de marzo. Este fermoso vídeo de Philip Scott Johnson é para que percorramos a través da arte, dos retratos femininos, a historia das mulleres que fomos habitando este mundo. A ver se vos gusta tanto como a nosoutras