19/05/09

LIBROS, LIBROS, LIBROS

Queres ler un libro divertido que reflexiona sobre a situación lingüística de Galicia? Proba con Made in Galiza de Séchu Sende.

16/05/09

THE BEST METOD TO LEARN GALICIAN

Séchu Sende ofrece no seu libro Made in Galiza varios consellos para lanzarse a falar galego sen vergoña. Practica!

15/05/09

RAMÓN PIÑEIRO

Unha breve semblanza de Ramón Piñeiro, autor homenaxeado o Día das Letras Galegas deste ano.

LETRAS GALEGAS 09: RAMÓN PIÑEIRO

Ramón Piñeiro López (Armea de Abaixo, Lama, Láncara, 1915 - Santiago de Compostela 1990) foi un filósofo, ensaísta e político galego. Está considerado un dos principais artífices da reconstrución cultural galega da posguerra. Xunto con outros galeguistas fundou en 1950 a Editorial Galaxia.
En 1983 foi escollido primeiro presidente do Consello da Cultura Galega.
Este ano é o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.





Caricatura: Siro (2009), Fonte: Galipedia.

10/05/09

PORQUE ME DÁ A GANA: Dios k te crew

DEITADO FRENTE Ó MAR…
Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gosta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo pra os finchados
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo prós que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño…
CELSO EMILIO FERREIRO



05/05/09

MÚSICA; MÚSICA; MÚSICA

The Homens é un grupo galego de powerpop que canta en galego e considera fundamental a libre circulación da cultura.

No ano 2007, sacan á luz o seu primeiro traballo longo Tres, sen dúbida o disco máis ambicioso da banda, gravado nos estudos Ultramarinos Costa Brava, e coa asistencia na produción de Santi García. O disco será editado por Falcatruada baixo dúas formas: unha edición en CD e outra limitada que inclúe un vinilo

O vídeo que vos mostramos foi realizado por Isaac Cordal e Roi Fernández

VISITA A SÚA PÁXINA WEB: http://www.thehomens.com/

03/05/09

QUE TE FAI FELIZ?

Pensaches algunha vez que é o que che fai feliz? Mira este anuncio publicitario e pensa uns segundos no que che fai sorrir